DESCRICIÓN E SERVIZOS: (Qué che ofrecemos)
O albergue de Sabucedo é un edificio situado na carballeira de Campo de medio de Sabucedo. Foi inaugurado no ano 2002.
Dispón de varios tipos de habitacións:
-Habitacións de dúas prazas
-Habitacións de catro prazas
-Habitacións de seis prazas.
-Habitacións de once prazas.
Todas as habitacións dispoñen de sábanas e mantas nas camas e toallas, así como calefacción.
Vista exterior do comedor |
O albergue conta ademáis con outras dependencias:
Fachada do Albergue |
-Sala de estar con lareira na que se dispón de xogos de mesa, tv., etc. -Cociña. -Ampla cafetería e comedor. -Zona de duchas e servicios. -Na carballeira do Curro dispón de un picadero con boxes individuais, con almacén, graneiro e enfermería. |