ACTIVIDADES (Que podes facer)
A incomparable ubicación de este Albergue Turístico, fai de el o lugar ideal para todo aquel que desexe disfrutar de montaña e dos encantos da paisaxe.
No albergue atoparase información para facer rutas culturais ou da natureza:
- Polos montes onde se atopan as manadas de cabalos en liberdade.
- Ruta dos Muíños de “Vesacarballa”
- Ruta BTT (Bicicleta Todo Terreo) Festa do Salmón e Rapa das Bestas
A primeira ruta fai un percorrido polo val do Ulla e os seus afluentes. A da Rapa das Bestas ven celebrándose dende o ano 2002. Esta ruta celébrase a finais do mes de xuño na Estrada.
Vista do Albergue |
Estas rutas poderalas disfrutar a pe.
Vista do Albergue
ACAMPAMENTOS:
Nestas instalacións tamén se organizan acampamentos escolares ou municipais de diversa duración e contidos didácticos, educativos e recreativos:
-Acampamentos activos: con actividades como tiro con arco, bicicleta todo terreo, sendeirismo, técnicas de orientación, hípica, etc.
-Acampamentos ecolóxicos: reciclaxe, coñecemento da flora e fauna, artesanía, medio ambiente, metereoloxía, coidado das reses, etc.
-Acampamentos culturais: coñecemento da etnografía e cultura popular, moendas, elaboración de pan, visitas a castelos e mosteiros, etc.
PICADERO:
Nas intalacións do picadero disponse de amplos boxes
individuais e instalacións anexas como almacén, enfermería, graneiro, ducha, etc.